“This is the end, my friend”

30 decembro 2007

...My lonely friend, the end...

Supoño que xa ían sendo horas de despedirme. De deixar cerrado este blog ata que volva a Bruxelas.

Atrás quedan 3 meses de novas experiencias, novos sensabores, novas ilusións e novos e vellos reencontros. Agora, volvo a vivir na cidade prometida,  en Santiago de Compostela.

Agora, retomo a miña vida onde a deixei. Onde me esperan os meus pavos e os meus polos, e onde o "insane" Xabi desperdiga palabras. Se queres, podes seguirme ata ese rincón.

Ata agora!

Chuzame! chúzame -

Brancura!

21 decembro 2007

Non me dera de conta, pero Bruxelas devolveume o branco nuclear da miña pel!
Atrás queda ese esperpéntico moreno que esgotara a miña pel durante a gravación do docu de cetrería.

"I've allways thought spanish were dark-skin and brown eyes and hair"... xa ves, algúns temos os ollos azuis de cor indefinido e a pel branca! viva o latin-power! E viva a cor castaña galega!

Chuzame! chúzame -

Homenaxe!

18 decembro 2007

Non quería pechar este blogue sen ensinarvos algunhas das fotos de quenes me acompañaron nesta. Esta é unha pequena homenaxe a eles, e unha forma de lembralos.

Non están todos os que son, pero son algúns dos que estiveron!

A todos eles, gracias por estos tres meses.

Por certo, non é o derradeiro post

Chuzame! chúzame -

Última noite en Bruxelas

17 decembro 2007

Como ben reza o título, esta é (ou foi, segundo o horario de lectura) a última noite nesta cidade: Bruxelas. As aventuras dun bolseiro no corazón de Europa están próximas a rematar, aínda que xa teñen un amargo sabor a despedida. Un sabor agridoce que so se pode entender coñecendo á xente que me acompañou estas dúas semanas e coñecendo esta cidade e os seu entresixos (os que me deu tempo a coñecer nestes dous meses).

Gústame Europa, gústame Bruxelas e gústame o "gheto galego" desta cidade. E por iso, tentarei voltar. É un compromiso que teño coas miñas ideas audiovisuais. É un comprimiso coa miña ética. É un comprimiso co corazón, sen abandonar (para nada) todo o que teño en Galicia, o que me está esperando e o que me queda por descubrir aló.

Esta noite durmirei tranquilo, a gusto, sabendo que foi unha experiencia áltamente positiva. Esta noite será a última. Pero como bo galego, NON SERÁ A DERRADEIRA.

Chuzame! chúzame -

Nadal Belga

12 decembro 2007

A petición popular, aquí vai unha breve explicación do que, entendo eu, sucede no nadal neste país.

Para comezar, acaba o 2 de xaneiro, xa que... aquí non hai día de reis! Hai algo parecido, tamén o día 6, pero non de xaneiro, senón de decembro. É o día de San Nicolás, un tipo que reparte regalos aos nenos que se portaron ben e que castiga aos malos. Para iso, ven co seu axudante, o Zwarte Piet ("Negrito Pedrito"- que non se sabe se é negro ou está tinxido de negro polas chimeneas) que é o que fai o traballo suxo, xa que ven coa fusta e todo.
O que se lle conta aos nenos é que ven de España nun barco de vapor (eu non sei se será o ferry que sae de Santander...). Logo teñen o seu Père Noel, que lles trae regalos o día 24 á noite.
Esa noite do San Nicolás cómese unha galleta tradicional á que estou moi afeito e vou a botar de menos, os "speculoos", que ven sendo a galleta María de España, pero esa noite ten forma do Santo ou de calquera motivo navideño.

Agora mesmo estamos en pleno Nadal, case se cheira pola rúa, e se te acercas á Grand Place pola noite, podes ver un espectáculo de luz e cor. Tan embobado me quedo que nunca me acordo de facerlle fotos... realmente merece a pena o espectáculo! Aínda quen non se vexa moito, esta é a árbore de Nadal de devandita praza (aquí outra foto). Por certo, aquí deixo unha foto do Belén a tamaño natural da Grand Place e outra foto do pequerrecho mexón, que tamén se ve arroupado polos piñeiros no Nadal.

E falando de piñeiros, a nota negativa deste Nadal é a masacre que fixeron nas rúas: señais pegadas a piñeiros cortados polo pé!!!! Síntoo moito; non acredito tal acto de vandalismo, por moi navideño que sexa...

Pero como non todo é malo, sempre nos quedará o Mercado de Nadal, onde poder comprar lichis, gofres e outros doces (como non) e o sempre saboroso gluwien (viño dóce e quente), co seu toque de canela, quentiño no día frío... humm.... que se me fai a boca auga!!!! Un paseo na noria e un pouco de patinaxe sobre xeo completan unha xornada navideña en rota regra! Agora que, se fose neno, non deixaría de montar neste fantástico tiovivo... ten que ser unha pasada!

Chuzame! chúzame -

Xa me sabe a despedida

Aínda que pareza mentira, non tiven tempo para actualizar!
Entre visitas e despedidas, van pasando as dúas semanas de decembro que me quedan aquí. De feito, d'hoxe nunha semaniña, estarei disfrutando dos praceres gastronómicos galegos e, por qué non dicilo, botando de menos outras cousas.

Chuzame! chúzame -

Unha tarde de paseo

2 decembro 2007

Pouquiño a pouco, a dor no pe vai remitindo, e podo permitirme o luxo de coxear menos.
Iso quere dicir tamén que podo pasear máis, como fixen este venres. E fun a ver a catedral de San Miguel. Alí tiven oportunidade de escoitar o órgano e os ensaios do "ensaiador"; mesmo parecía que lle estaba a poñer a banda sonora a unha película de cine mudo!
Pero o que máis me sorprendeu foi a exposición de Beléns multicultural que aló había. Comezarei co produto "nacional", o Belén español. Estaba moi ben feitiño, tanto, que ata me atrevín a facerlle máis dunha foto. Sen embargo, cando me acerquei aos dous señoriños que alí estaban retocando para dicirlles "os ha quedado muy bonito" gañeime unha mirada de desprezo. Estame ben por falar castelán. Ala.
Sen embargo, había dous beléns que me chamaron poderosamente a atención: o africano e o hawaiano. Fixádevos na luminosidade e nas cores claras empregadas no belén africano... e a sinxeleza e conceptualismo que xira en torno ao hawaiano. Non sei por que, lembroume á excesiva importancia que lle dan os sudamericanos aos símbolos; ver cómo se impregnan certos trazos culturais (que a veces se converten en tópicos) sobre crenzas impostas ou estranxeiras.
Curioso, cando menos.

Pero, sen dúbida, tamén vin cousas gastronomicamente máis explosivas, como estas tremendas fresazas bañadas en chocolate branco... que pracer para o gusto!!! Cánto vou a botar de menos este país nese sentido!!!

Logo, unha voltiña polo mercado de nadal, onde vin algo moi curioso, a gravación (ou emisión en directo, non podo aseguralo porque non tiña televisión diante) de televentas de nadal, en plena rúa, e co público e a noria de fondo. Unha noria que, non lle desmerece nada ao do Apóstolo (síntoo por vós, santiagueses...) . De verdade que foi supercuriosa a gravación!

Quedei coas ganas (inmensas ganas) de patinar sobre a pista de xeo que está aberta ata xaneiro... oxalá o meu pe cure prontiño, porque teño moitas, moitas, moitas ganas de patinar sobre xeo... !!!
E, como curiosidade, aquí vos deixo unha "coñecida" marca: saberíades dicir a qué vos recorda???

Chuzame! chúzame -

A cultura Mac

29 novembro 2007

Unha das primeiras cousas que me sorprendeu, pero ás que enseguida me acostumei, foi a andar pola rúa.
Pode parecer unha parvada, pero non é agradable andar pola rúa mirando o nome das rúas...

Aquí a xente camiña co "autismo mode: ON" así que se tropezan contigo ninguén che vai a pedir perdón (a non ser q teñas máis dun metro de espalda... hum... creo que é a primeira vez que me sinto orgulloso da miña espalda...).

Tamén me sorprendeu que o a utilización de reproductores mp3 fora tan elevado, ata tal punto que o que non o leva no metro case é un raro! Maiores, mozos, homes, mulleres, brancos, moros ou negros, todos teñen o seu reproductor. E ademais había moitos auriculares brancos (logo descubrín por qué). Eses auriculares, no 90% dos casos, son auriculares de ipod (cando comprei o meu gordechiño nano  descubrino...). De feito, e tal a afección ao ipod que nos supermercados GB (si, os "carrafú" d'aquí) hai unhas tarxetas de prepago cun código para introducir na "apple store" e comprar a túa música. Para aqueles que desconfíen de dar os seus datos na Itnernet é unha boa opción.

Entón comprei un ipod nano, e a partires de entón levo os auriculares brancos, e activo o "autismo mode", non pido desculpas cando tropezo con alguén e ata parezo un belga. Vou a botar de menos esto cando regrese a esa terra na que, todo hai que dicilo, o transporte urbano funciona tan mal...

Chuzame! chúzame -

Vai de médicos

28 novembro 2007

Creo que neste aspecto está unha das grandes diferencias con respecto ao noso país. Se mal non recordo, calquera persoa, sen distinción de clase social, pode ir ao médico xeneralista se se atopa mal. En España.
Isto é o que se di de Bélxica:
"Según un estudio de 2005 de la Organización Mundial de la Salud que comparaba 12 países europeos, Bruselas quedó 4ª en lo relativo a: derechos e información a los pacientes, tiempo de espera, resultados terapéuticos, atención al paciente y acceso a la medicación.
El nivel de atención es excepcional y el sistema sanitario es moderno y eficaz. Existen, para una población de aproximadamente 10 millones de personas, 380 hospitales reconocidos por el Ministerio de Sanidad, que disponen de más de 80.000 camas (el 39 % en el sector público y el 61 % en el sector privado). En Bélgica hay más de 30.000 médicos en activo. Los hospitales y la mayoría de,los médicos están capacitados para prestar sus servicios en inglés y otras lenguas europeas".

Agora ben, polo que eu sei, para ir ao médico hai que ir con cartos. É certo que as consultas  xeneralistas non soen ser moi caras, uns vinte e pico euros, pero xa te obriga a ir con cartos. Aínda que che devolvan unhas tres cuartas partes.

O bo é que se queres, podes ir a un especialista, sen pasar polo médico de cabeceira ou xeneralista.

E para que logo che devolvan os cartos, entón has de ter que ir a unha mutua!!!

Chuzame! chúzame -

Canto tempo sen actualizar!

22 novembro 2007

Pois si, non é que tivera abandonada a páxina, sucede que pasaron moitas cousas e moitos días.
Hei de dicir que esta semana tiven que coller catro avións e descubrín algo moi curioso, non existe a fila 13! Fixádevos ata que punto a superstición é tan importante como para que supriman esa fila nos avións. Vaia, creo que houbera sido moito peor o feito de ter unha unha fila que se chamara 12+1.

A dor do pé segue a ser constante. De momento podo vir a traballar con relativa normalidade, pero camiñar faise difícil, sobre todo porque os obreiros de Bruxelas non deben de saber que é un "nivel"; as beirarrúas teñen uns baches que case parecen socavóns do Ave. Cando chove, as pozas poden cubrirche, se te descoidas, o pé enteiro.

Internet no meu piso segue a ter unha velocidade de cruceiro semellante á miña velocidade camiñando (aquí o concepto de tarifa plana non existe) polo que so podo utilizalo para ver correos sinxelos e pouco máis. Para unha boa velocidade de descarga hei de esperar ata que comece un novo mes (aínda 8 días).

Chuzame! chúzame -